A respecto da cuestión do Día das Letras @amerginh tampouco vexo que sexa unha pailanada tan evidente, é bastante máis complexo ca iso. Nomeadamente porque se entende que se basea na calidade literaria e compromiso coa lingua (No 1º non cho sabería defender porque nunca lin nada del, no segundo pois está claro que si), e non nos pensamentos políticos, pois cómpre non esquecer xente coma Risco, filonazi abondo. Aínda do colaboracionismo co franquismo (non esquezamos que fora apoiado por un amalgama da dereita, bastante heteroxéneo) e de ser un isolata de manual, foi quen redatou a lei de ensinanza do galego na educación obrigatoria e non obrigatoria, pois fora conselleiro no primeiro goberno de Albor.