dende o principio tanto Díaz Pardo como Seoane (que moitos dos deseños clásicos son seus) utilizaron a cor, non só o azul cobalto. O catálogo é tan amplo que é normal que algunhas pezas teñan envellecido moi mal.
Pero nos anos 50 reformularon tanto formalmente como industrialmente unha industria que seguía a traballar coma no século XIX, poñendo os ollos nas vangardas.
E creo que parte do problema de sargadelos é que quedou ahí. O peso da sua propia tradición é tan grande que as aportacións novas á producción ficaron esvaecidas...
Que sacaran do medio a Díaz Pardo, somentes foi a pinga que colmou o vaso; as loitas entre familia e propietarios, unhas políticas de expansión pouco acertadas, a non renovacion formal... fixeron o resto.