Nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE 2015) anuncian a implantación de Proximidades nos camiños de ferro (Cercanías Renfe en cristiano, Proximidades en galego). Isto súmase á nova de antes do verán de Ana Pastor. Ano preelectoral e esas cousas.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/342817-fomento-ultima-estudio-implantar-servicio-cercanias-galicia
Lembro que no 2008 falábase da creación do Ente Xestor dos Ferrocarrís Galegos (EXFG, coma os FGC en Cat , FGV en Valencia... ) pero o proxecto quedara soterrado ao chegar Frijolito. A min paréceme unha excelente nova aínda que haberá que agardar a ver como o plantexan, xa que a pesares das numerosas frecuencias ferroviarias no eixo atlántico entre A Coruña e Vigo, lugares coma Ferrol ou Tui están hipermarxinados neste eido. E aínda así supoño que polo momento non vou ser un beneficiado porque dubido moito que vaian pór Santiago-A Coruña en proximidades :/